Monday 29 de April de 2024

A Xunta recoñece a excelencia de 23 titulados de FP cos Premios Extraordinarios de Grao Superior


— Os galardóns, dotados con 1.000€ por persoa, teñen como obxectivo recoñecer o esforzo e o bo aproveitamento académico deste alumnado

— Enmárcanse dentro das diferentes accións que leva a cabo a Xunta para a posta en valor e fomento da excelencia dentro do sistema educativo galego

A Xunta de Galicia vén de recoñecer a excelencia de 23 titulados de FP, a razón de un por cada unha das familias profesionais, cos Premios extraordinarios de grao superior para o alumnado que rematou os seus estudos no curso 2021/2022.

O obxectivo destes galardóns, que cada ano convoca a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, é recoñecer publicamente os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado académico estudos de Formación Profesional de grao superior en Galicia. Enmárcase dentro das diferentes accións que leva a cabo a Xunta para a posta en valor e fomento da excelencia dentro do sistema educativo galego. De feito, para optar a estes premios os estudantes debían contar cunha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,5 puntos, entre outros requirimentos.

A dotación orzamentaria para estes premios é de 23.000 euros que se distribúen entre os galardoados na mesma contía, de 1.000 € por alumno. Ademais da correspondente achega económica, a obtención destes premios dálle dereito ao alumnado a concorrer, logo de inscrición, ao correspondente Premio Nacional de Formación Profesional de grao superior.
O premiados son os que se relacionan na seguinte táboa:

Galardoado Familia profesional Provincia Concello Centro educativo
Eiris Garaboa, José Manuel Imaxe e son A Coruña A Coruña CIFP Imaxe e Son
Penas López, Iván Edificación e obra civil A Coruña A Coruña CIFP Someso
Roca Paz, Ányela Agraria A Coruña Boqueixón CFEA de Sergude
López Rey, Brais Instalación e mantemento A Coruña Cedeira IES Punta Candieira
Martíns Lago, Tamara Administración e xestión A Coruña Cee IES Fernando Blanco
López Hinojosa, Aldara Artes gráficas A Coruña Ferrol CIFP Leixa
Álvarez Felgar, Tania Seguridade e ambiente A Coruña Ferrol IES Concepción Arenal
Caamaño Outón, Laura Sanidade A Coruña Noia IES Campo de San Alberto
Pampín Gómez, Carla Química A Coruña Santiago de Compostela CIFP Politécnico de Santiago
Ferreiroa Mosquera, Mauro Actividades físicas e deportivas A Coruña Santiago de Compostela IES Plurilingüe Rosalía de Castro
Salvado Millán, Yolanda Hostalaría e turismo A Coruña Santiago de Compostela IES Plurilingüe Rosalía de Castro
Couceiro Bañol, Juan Diego Transporte e mantemento de vehículos Lugo Lugo CIFP As Mercedes
Pol López, Artur Enerxía e auga Lugo Lugo CIFP As Mercedes
Taboada Senaz, Ernesto Imaxe persoal Lugo Monforte de Lemos IES A Pinguela
Fernández Vázquez, Miguel Alejandro Industrias alimentarias Lugo Sober CPR Belarmino Fernández Iglesias
Cancela Seijas, José Manuel Fabricación mecánica Lugo Xove IES Illa de Sarón
Domínguez Táboas, Óscar Servizos socioculturais e á comunidade Pontevedra Mos CPR Plurilingüe Lar
Rivas Otero, Alba Comercio e márketing Pontevedra O Porriño IES Ribeira do Louro
Fernández Pérez, Raquel Téxtil, confección e pel Pontevedra Vigo CIFP Manuel Antonio
Álvarez Gallego, Noelia Madeira, moble e cortiza Pontevedra Vigo CIFP Valentín Paz Andrade
Rodríguez Posada, Paula Electricidade e electrónica Pontevedra Vigo CPR Colegio Hogar Afundación
Castro Blanco, Armando Informática e comunicacións Pontevedra Vigo IES de Teis
Piñeiro Budiño, José Javier Marítimo-pesqueira Pontevedra Vigo Instituto Marítimo Pesqueiro do Atlántico